
Las Brujas de E'lente é unha película de xénero fantástico de crowdfunding rodada en Galicia, España.
E'lente, o fillo do Demo, destinado a sementar o caos na Terra, foi roubado do berce do seu pai. Deus escondeuno entre os mortais, lonxe das garras do mal, para protexer así a súa creación. Pero o Diablo non está so: conta con aliadas na superficie destinadas a buscar ó seu fillo perdido. Escravas famentas de medo, devoradoras de almas. Bruxas...
Aínda que todo esto non é máis que un recordo de un vello conto infantil na memoria de Eva. Despois de dez anos encerrada nun internado lonxe da súa irmá, a xove regresa ó que un día foi o seu fogar a para tratar de liberala das garras dos seus pais. Eva volve decidida a encarar o seu pasado ignorando os peligros que a esperan, acontecementos que cambiarán o seu mundo por completo.